Destacados Vigo al minuto

Povisa recibirá a ‘Medalla de Ouro’ da cidade en 2024

A CIG informa de que non asinará o convenio colectivo

Povisa recibirá a 'Medalla de Ouro' da cidade en 2024

O Hospital Ribera Povisa recibirá en 2024 a ‘Medalla de Ouro’ da cidade en recoñecemento a cinco décadas de “grandísima atención sanitaria” prestada a miles de vigueses, así como á xeración de emprego, como se constata na actualidade cun persoal de 1.500 traballadores.

‘Modelo Vigo’

Asi o adiantou hoxe o alcalde, durante o acto organizado para celebrar os 50 anos da clínica privada. No mesmo, Abel Caballero transmitiu o seu recoñecemento a todos os profesionais que durante este médio século implicáronse no proxecto sanitario. Ademáis, comprometeu a cooperación do Concello asegurando que “xogades un papel fundamental na saúde e no emprego de Vigo”.

Por último, Caballero subliñou que Povisa “é imprescindible”, pola súa atención á saúde de xeracións de vigueses, e por que se axusta ao “modelo Vigo” de aplicar a excelencia a todos os ambitos.

A CIG non asinará o convenio

Esta nova da concesión da ‘Medalla de Ouro’ coincide coa declaración da CIG de que non asinará o convenio colectivo pactado entre a Dirección do centro e a maioría do Comité de empresa.

Neste sentido, o sindicato considera que supón a introdución dunha dobre escala salarial. Ademais, central oponse tamén á contratación fixa descontinua; a que se vincule a carreira profesional e a suba de soldos de 2025 ao concerto co Sergas, e a que o plus de noites non estea incluído.

Referendo do persoal

Ainde que o contido do novo convenio colectivo de Povisa someterase a referendo do persoal este mércores, a CIG xa confirma a súa intención de non asinalo porque inculca os principios sindicais que defende a central.

También te puede interesar