Deportes

Preto de 850 deportistas toman a saída nunha ‘Érguete e corre’ de récord

Esta mañá, dende a terraza de Vialia

Preto de 850 deportistas toman a saída nunha 'Érguete e corre' de récord

Hoxe pola mañá a terraza pública de Vialia uniu a case 850 corredores e corredoras coa ilusión de axudar ás máis de 6.000 persoas que atende cada ano a Asociación Érguete. Participaron nunha nova edición da ‘Érguete e Corre’, que este ano batiu récord de inscrición, e percorreron a vía verde para celebrar un novo ano do Circuíto Run Run do Concello de Vigo.

Mellorar a xestión emocional por medio do teatro

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, explicou hoxe que este ano “queremos destinar todo os diñeiro acadado na carreira a dous proxectos que nos fan moita ilusión”. Un está baseado na mellora da xestión emocional das persoas usuarias a través do teatro. Na Asociación Érguete “confiamos na arte como medio para mellorar as nosas vidas e queremos continuar a introducir o teatro no noso plan. Este ano probamos en dous programas e estamos moi
contentas co resultado”
, explicou Elvira.

Máis de 100 nenas e nenos

A ‘Érguete e Corre’ comezou coa Érguete peques, unha carreira na que máis de 100 nenos e nenas alcanzaron a meta coa ilusión de correr algún día como os seus pais e nais. Logo dos peques efectuaron a saída as bicis e o equipo de
Discamino
. Ás 11.00 horas foi a quenda dos corredores e corredoras das probas cronometradas.

Gañadores

Os gañadores da Érguete Corre foron en categoría masculina 5k: Pablo Ulla Couñago (1º), Diego Rodríguez (2º) e Germán Montoto (3º), na feminina foron Marta Pereira, Julia Vaquero e Lucía Couso. Na categoría 10 km os gañadores son por orde de chegada Carlos Enrique Gutierrez, Hugo Suarez e Daniel Bargiela e as gañadoras Noemí Alvarez, Rocio Rodríguez e Laura Gallego.

También te puede interesar