Destacados Vigo al minuto

O BNG propón poñer a bandeira Palestina no Concello e esixir o fin do ‘xenocidio en Gaza’

Tamén enviar axuda humanitaria á poboación civil

O Bloque Nacionalista Galego promove unha declaración institucional no Concello de Vigo para reclamar, en nome das viguesas e vigueses, «paz e liberdade para a Palestina e a fin do xenocidio». Así o anunciou o portavoz municipal do BNG.

Axuda humanitaria

Xabier P. Igrexas propón que a nivel local que se despregue a bandeira da Palestina no Concello-comose fixo coa de Ucraína- en mostra de solidariedade, así como pendurar unha faixa co lema “Paz e liberdade para a Palestina, paremos o xenocidio en Gaza”. Aliás, chama a convocar de maneira urxente o Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade para acordar un programa de axuda humanitaria, sufragado con fondos municipais, en auxilio da poboación palestina. 

Cese do fogo

Igrexas subliña que a declaración sinala que é unha «absoluta prioridade lograr un cesar-o-fogo inmediato e incondicional dos ataques, así como a urxente apertura de corredores humanitarios seguros para poder asistir á poboación palestina”. Asi, lembra que os bombardeos xa se cobraron máis de 10.000 vidas palestinas (4.000 delas crianzas); foron destruídos a metade dos fogares en Gaza e preto do 70% da poboación viuse forzada a se desprazar, con máis de medio millón de persoas refuxiadas en condicións infrahumanas.

“As viguesas e os vigueses non podemos ficar indiferentes nin en silencio diante do ataque masivo do Goberno de Israel contra da poboación palestina”, valorou o portavoz nacionalista. “É por iso que condenamos de maneira enérxica e rotunda esta agresión xenocida contra o pobo palestino que supón un claro crime contra a humanidade de acordo ao Dereito internacional, tal e como sostén de maneira inequívoca o primeiro fiscal xefe da Corte Penal Internacional, Luis Moreno Ocampo”, recolle a declaración institucional.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.