Galicia Vigo al minuto

A Xunta elimina catro puntos de vertido de augas residuais ao Lagares

En Matamá, Cabral e rúa Olímpicos

A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, eliminou catro puntos de vertido de augas residuais cara ao río Lagares. Estes focos foron identificados no marco das inspeccións de rastrexo efectuadas polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Procedentes de vivendas unifamiliares

Asi, este traballo permitiu identificar no tramo medio do curso fluvial, dous vertidos irregulares procedentes de vivendas unifamiliares: un no lugar da Devesa, na parroquia de Matamá, que afectaba a un regato afluente do río; e outro no lugar de Alza, na parroquia de Cabral.

E de filtracións de augas residuais urbanas

Ademais, no tramo baixo do río Lagares, o persoal de Augas de Galicia localizou dúas filtracións de augas residuais urbanas consecuencia de sendas deficiencias estruturais no colector de saneamento municipal que discorre pola marxe dereita do río, baixo a rúa dos Olímpicos.

As incidencias detectadas polos técnicos foron postas en coñecemento do Concello de Vigo para que adoptase as medidas necesarias para a súa emenda. Nunha nova inspección, comprobouse que as actuacións nas conexión das augas domésticas das vivendas particulares, así como o selado das filtracións na infraestrutura de saneamento,
permitiron a eliminación dos vertidos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.