Destacados Vigo al minuto

“Xunta implicación, Faurecia solución”

O persoal de Madera Fiber mobilízase polas rúas de Vigo

“Xunta implicación, Faurecia solución”

O cadro de persoal de Madera Fiber (antiga Faurecia Interior Porriño) mobilizouse este en Vigo diante do Cluster de Automoción y Movilidad de Galicia (Ceaga). Ao berro de “Xunta implicación, Faurecia solución», sairon, de novo, á rúa en defensa dos seus postos de traballo.

É necesario o compromiso do Goberno galego

Asi, os representantes do plantel insisten na necesidade de que o Goberno galego se comprometa na busca dunha solución que permita a continuidade do proxecto industrial e o mantemento de 103 empregos. “E esa solución pasa por atopar un inversor serio que reflote a compañía e porque os traballadores volvamos pertencer a Faurecia”.

Rematou o prazo

Mais o prazo solicitado pola Xunta recentemente ao cadro de persoal para lograr sentar a Faurecia expirou onte. E iso “sen que saibamos nada das xestións feitas nestes sentido”. A propia conselleira de Industria e a directora xeral do IGAPE comprometéranse co Comité nunha xuntanza celebrada días atrás a contactar coa empresa “a cambio de non levar a cabo a concentración que tiñamos prevista diante do Parlamento de Galicia o venres pasado”.

Novas mobilizacións

Por iso, á vista da continuarán as mobilizacións. Asi, están previstas para o martes 31 diante de Faurecia Escapes (de 13:00 a 14:30 horas); e o venres 3 de novembro na Cidade da Xustiza de Vigo (de 08:00 a 12:00 horas), coincidindo coa celebración do xuízo pola cesión ilegal de traballadores de Faurecia a Madera Fiber.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.