Destacados Vigo al minuto

Piden ao Concello que garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores

As obras das ramplas mecácnicas impediron a entrada a persoas ian a vacinarse

Piden ao Concello que garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores

O Bloque Nacionalista Galego solicitará á Concellaría de Fomento que garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores mentras duran as obras de instalación das ramplas mecánicas. Así o anunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo tras comprobar hoxe, no lugar, as dificultades denunciadas pola veciñanza.

Sen pasarelas peonís

Esta mesma mañá varias persoas non puideron acceder ao centro de saúde, por causa da maquinaria de obra que ocupaba o vial de acceso que con Ramón Nieto e polo estado impracticábel da beirarrúa, esvaradiza pola abundante presenza de lama. “Isto impediu mesmo que unha anciá con mobilidade reducida puidese acudir a vacinarse”.

Xabier P. Igrexas puido comprobar as malas condicións de acceso e a ausencia de pasarelas peonís que garantan o tránsito seguro. Emporiso, vai solicitar á Concellaría de Fomento que dea instrucións á empresa encargada das obras para poñer solución inmediata a esta situación.

Evitar a barreira das obras

“Este vial é o acceso a unha dotación absolutamente esencial como o centro de saúde, ao que teñen que acudir persoas maiores e con problemas de mobilidade”, sinala Igrexas. O portavoz do Bloque apunta que as obras, que se van demorar como mínimo até finais de maio do ano próximo, “non poden ser unha nova barreira”.


También te puede interesar