Hoxe tivo lugar a constitución oficial do Grupo de Investigación Traslacional en Coidados INVESTIC, da Área Sanitaria de Vigo. Este Grupo, enmarcado no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, foi impulsado pola Dirección de Enfermaría para potenciar a investigación nas categorías profesionais dependentes desta Dirección: enfermaría, TCAEs; fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais, tanto de atención hospitalaria como de primaria.
Vinte investigadoras e investigadores
Así, este Grupo está conformado por unha vintena de investigadoras e investigadores que teñen en marcha 8 liñas de estudos en diferentes campos, como a UCI, Diálises, Neumoloxía, Cirurxía cardíaca, Urxencias, Quirófano, Saúde Mental e Terapias da Área. Todos estos proxectos teñen un mínimo común denominador, o desenvolvemento de liñas de investigación en coidados .
Segundo a a coordinadora do INVESTIC, a enfermeira da Unidade de Investigación en Coidados da Área, Bel González Silva, “o obxectivo final deste Grupo é potenciar a investigación traslacional destes profesionais para que realmente os resultados deses estudos podan aplicarse á practica clínica, para seguir mellorando a atención aos nosos pacientes .“