Comarcas Vigo al minuto

Dende este xoves, corte de tráfico polas obras de enlace da Autovía Tui-A Guarda coa A-55

Ata o vindeiro día 25

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario o corte de tráfico en ramais do enlace con esta última estrada a partir deste xoves, día 5.

Para executar o enlace do punto quilométrico 30 na autovía A-55 e conectar coa vía de altas prestacións, cómpre construír un novo ramal de incorporación á autovía en sentido Portugal desde a glorieta elevada, na calzada dereita. Asi, co obxectivo de continuar avanzando na execución das obras, garantindo a seguridade dos
traballadores e dos usuarios da autovía, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os puntos quilométricos 30+100 e 30+600.

Ata o vindeiro día 25

Os traballos desenvolveranse desde este xoves ata o vindeiro 25 de outubro. Para isto, esta semana cortarase o ramal de incorporación sentido Portugal e a próxima semana pecharase o ramal de entrada ao enlace, sentido Tui-Polígono de Areas.

Desvíos

Deste xeito, para circular sentido Tui-Portugal, en calzada crecente, haberá acceso desde o polígono ao tronco da autovía Tui-A Guarda, logo á A-55, sentido decrecente e na saída 29B, cambio de sentido para incorporarse novamente á autovía, sentido crecente, informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

No caso do sentido Portugal-Tui, en calzada decrecente, desde o punto 30+100 da A-55, continuarase e na saída 29B farase un cambio de sentido para incorporarse de novo á autovía e saír no ramal de nova construción, logo á autovía Tui-A Guarda, ao tramo en servizo, accedendo a Tui polo polígono de Areas.

A circulación cara ao ramal de entrada da calzada dereita sentido crecente non terá afeccións, pois estará operativa a través do ramal de nova construción do punto quilométrico 30+000. O tronco da autovía e os ramais do enlace xa se atopan sinalizados, co cambio de sentido da saída 29B indicativo para incorporarse á estrada sentido Tui-Portugal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.