Galicia Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis alerta de que o desenvolvemento ETEA segue bloqueado

Piden que haxa xa un entendemento entre Concello e Xunta

A Asociación Veciñal de Teis alerta de que o desenvolvemento ETEA segue bloqueado

A Asociación Veciñal de Teis alerta de que o desenvolvemento da ETEA segue bloqueado. Así, unha representación da súa xunta directiva mantivo onte unha xuntanza con Manuel Joaquin Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, para tratar do traslado da Universidade á ETEA e a rehabilitación dos edificios ‘Faraday’ e ‘Siemens’.

Na reunión, o reitor sinalou que o proxecto de rehabilitación do edificio ‘Faraday’, está condicionado ao desenvolvemento do plan sectorial PS1. Ademais, a Universidade está pendente da cesión do edificio ‘Siemens’ por parte do Consorcio da Zona Franca e de saber, por parte da Xunta cal será o destino do edificio ‘Morse’. Os tres atópanse na praza da ETEA e son edificios a conservar.

Plan sectorial

A Asociación subliña que na actualidade a paralización da recuperación da ETEA segue pendente do desenvolvemento do plan sectorial PS1. Completar o mesmo suporía a urbanización dos viais e da praza, permitiría poder comezar por as obras e distintos inmobles e a construción da residencia de maiores. Por iso, demanda ao Concello que poña a disposición da Xunta os terreos da ETEA, “de xeito inmediato e sen máis escusas” para poder realizar a urbanización do PS-1.

“Non podemos seguir por máis tempo cunha recuperación paralizada deste espazo, pola pelexa entre administracións, egos ou protagonísmos de políticos”. Isto, subliñan os veciños, só prexudican a Teis e a Vigo. “Xunta e o Concello teñen que pórse a traballar pola recuperación total da ETEA”.

También te puede interesar