Comarcas Vigo al minuto

O Goberno de Irlanda selecciona Tomiño como caso de estudo polo seu modelo de mobilidade

Dúas investigadoras da Universidade de Dublín visitarán a vila o vindeiro día 5

O Goberno de Irlanda vén de seleccionar ao Concello de Tomiño como caso de estudo polo seu modelo de mobilidade: quere coñecer os mecanismos de redución do tráfico que se aplicaron na vila do Baixo Miño e levar as recomendacións tomiñesas para, de ser posible, adaptalas e aplicalas no seu país, especialmente en zonas rurais como en zonas urbanas de pequenas dimensións.

Para iso dúas investigadoras do equipo de investigación da Escola de Arquitectura, Construción e Medio Ambiente da Universidade Tecnolóxica de Dublín visitarán a vila o vindeiro 5 de outubro, enviadas pola Autoridade de Seguranza Viaria irlandesa (RSA) co fin de intercambiar coñecemento.

Seguranza viaria

Para facer esta visita e analizar o caso de Tomiño directamente no terreo o Goberno irlandés púxose en contacto co Concello a través da investigadora principal, Jordana Corrigan, explicando que a Road Safety Authority (RSA) está a realizar un informe para mellorar a seguranza viaria.

Explicaba Corrigan que a Estratexia de Seguranza Viaria do Goberno  (2021-2030) pretende estudar diversos casos en países que adoptaron mecanismos para reducir o tráfico retirando automóbiles das zonas urbanas co propósito de comprender enfoques que poderían adoptarse en Irlanda; revisar os procesos para poñer en marcha esas políticas e avaliar resultados cando estean dispoñibles, ademais de incluír recomendacións para a súa consideración.

Tomiño, un exemplo

Tomiño foi considerada caso de estudo “tendo en conta os importantes avances que se están a realizar nese ámbito da seguranza viaria, a acción climática e a mellora da vida urbana”.

A visita a Tomiño incluirá unha recepción institucional por parte da alcaldesa Sandra González, e unha reunión técnica co tenente de alcalde Uxío Benítez, responsable da Concellería de Planificación Estratéxica, Facenda e Acción Urbana, e outras persoas integrantes do goberno local e cargos técnicos, así como unha visita comentada polos diferentes espazos públicos recuperados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.