Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Redondela pon en marcha as Aulas Municipais de Teatro

O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de outubro

O Concello de Redondela pon en marcha as Aulas Municipais de Teatro

A concellería de Cultura do Concello de Redondela organiza para o curso 2023/24 as Aulas Municipais de Teatro, unha actividade dirixida ao público a partires dos 13 anos de idade. A concelleira responsable desta área explica que se establecerán dous grupos «un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante».

Dende outubro

As clases comezarán o próximo mes de outubro e serán no Multiusos da Xunqueira: os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Aquelas persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa solicitude: o prazo está aberto até o 3 de outubro no Concello.

A participación nesta actividade ten un custo de 79,50€ para todo o curso, desde outubro de 2023 ata maio de 2024. O obxectivo do Concello é «ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais», sinala a concelleira Pérez Táboas.

Na ficha de inscrición os interesados deberán seleccionar o grupo de participación. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, e se o grupo se completa o resto solicitantes pasarán a a quedar nunha listaxe de reserva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.