Destacados Vigo al minuto

Comeza en Vigo a vacinación contra o Covid, a gripe e o virus respiratorio sincitial

Seguirán ata finais de ano en ‘vacunómetros’ como o Ifevi

Este luns arrancou a campaña de vacinación conxunta de gripe e Covid-19, iniciando a inmunización dos usuarios de residencias da terceira idade e centros de discapacidade. Asi, na Área Sanitaria de Vigo 4 equipos específicos de enfermaría (8 profesionais) vanse desprazar diariamente para vacinar a 4.246 persoas institucionalizadas nos 70 centros da área. Hoxe xa achegáronse aos centros do Complexo residencial de Atención a Maiores Dependentes de para inmunizar a 391 residentes.

Campaña secuencial priorizando os colectivos de maior risco

Sanidade conta con dous tipos de vacinas fronte á gripe. Unha tetravalente para toda a poboación menor de 80 anos, e outra de alta carga para as persoas de 80 e máis anos e para os usuarios das residencias de maiores con 60 ou máis anos. Tamén conta cunha nova vacina fronte á Covid-19 adaptada ás cepas circulantes.

Como informara vigoalminuto, a campaña de vacinación,  que se prolongará ata o 31 de decembro, levarase a cabo en diferentes puntos de vacinación e, ao igual que en campañas anteriores, o inicio será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco.  Así, a maiores da vacinación in situ nas residencias, os servizos de atención primaria (centros cabeceira) administrarán a vacina fronte a gripe e a covid-19 ás persoas de 80 e máis anos, recibirán a súa cita mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana.

Os hospitais públicos disporán de doses da covid-19 e gripe para a vacinación dos grupos de alto risco.

‘Vacunódromos’ como o de Ifevi

Ademais, habilitaranse grandes recintos, ao longo do mes de outubro, nas áreas sanitarias e distritos para a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid-19 dos menores de 80 anos. Estas persoas tamén recibirán unha mensaxe de texto no seu teléfono móbil.

Campaña inmunización virus respiratorio sincitial

Tamén hoxe iniciouse a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial, causante da bronquiolite. Esta inmunización é unha das novidades principais do novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida”, do Programa Galego de Vacinación. Cómpre remarcar que Galicia foi a primeira rexión do mundo en anunciar a inmunización fronte ao VRS como parte do Programa Galego de Vacinación de 2023.

A inmunización fronte ao VRS, iniciase hoxe cos neonatos, vacinándoos no hospital nas primeiras 24-48 horas de vida. Tamén a partir de hoxe están citados os nenos/as prematuros/as nados dende o 1 de outubro de 2022; así como os bebés con condicións de alto risco (cardiopatías conxénitas, displasia broncopulmonar, etc).

Ademais, está prevista unha recaptación dos lactantes nados dende o 1 de abril de 2023, que recibirán a vacina nas dúas primeiras semanas do mes de outubro. Citaranse vía SMS no hospital público de referencia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.