Cultura Vigo al minuto

Vigo, capital do ilusionismo

Coa celebración de ‘Galicia Ilusiona’

Vigo, capital do ilusionismo

A delegada da Xunta presentou este mércores xunto aos magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo o Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona, que chegará ao Auditorio Mar de Vigo o 23 de outubro. A iniciativa percorrerá por segunda vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas.

Segundo avanzou Ana Ortiz, uns días antes, en data por determinar, haberá unha función solidaria na Unidade de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, este mesmo sábado celebrarase no centro comercial Vialia a iniciativa maxia itinerante, novidade nesta segunda edición do festival.

Trátase de maxia dun altísimo nivel da man dos mellores e máis premiados ilusionistas do momento que xa están inundando de ilusión Galicia nun ano máxico inesquecible”, sinalou a delegada.

O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona inclúe as sete grandes urbes galegas para converter a Galicia na capital mundial do ilusionismo. A iniciativa ten unha parte solidaria con espectáculos previstos nas plantas de Pediatría dos principais hospitais galegos aos que se desprazarán os propios artistas para facer partícipes do festival e achegar a ilusión aos pequenos ingresados.    

También te puede interesar