Vigo al minuto

O Colexio Igrexa de Candeán esixe á Xunta que garanta a educación dos seus alumnos

Nais, Pais, estudantes e profesores concentráronse esta mañá no centro

O CEIP Igrexa de Candeán esixe á Xunta que garanta a educación dos seus alumnos

Convocados pola ANPA, pais e nais , alumnos e profesores do CEIP Igrexa de Candeán concentráronse hoxe por una educación pública e de calidade. Así, a comunidade do colexio reclama á Consellería de Educación que cumpra coas súas obrigas e atenda as necesidades que ten o centro.

Profesorado insuficiente

Entre as máis importantes está a praza vacante dunha mestra, que segue sen cubrirse. Dende a ANPA subliñan que a falta desta profesora invalida todas as programacións docentes da etapa de Primaria (con ramificacións en Infantil, que segue sen profesorado especialista de música e que comparte mestras de lingua estranxeira e de educación física con primaria). Trátase dunha situación totalmente desfavorable e que «fala de abandono do alumnado da escola pública por parte da Administración, que non respecta os seus propios plans de calidade e innovación, contratos-programa e inversións en equipamento xa realizadas, tórnase aínda máis difícil ó negárselle ó claustro o tempo que permitiría mitigar algúns dos aspectos máis negativos da mesma».

Arranxos no centro

Ademáis, esixen á Xunta que acometa diferentes arranxos de problemas que afectan ao propio centro e que van dende a instalación eléctrica; a necesidade dun tellado externo para a entrada de Primaria que evitaría que os días de choiva os alumnos se mollen e que entre auga no edificio; cambio do chan da pista deportiva e das canastras e porterías; una remodelación dos baños, que non se cambiaron nunca dende a construción do colexio; a revisión dos muros do patio cuberto; a substitución do tellado de uralita ou a modernización do escenario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.