Comarcas Vigo al minuto

‘Conectadas’, en 18 concellos

420 persoas participarán a vindeira semana no programa da Deputación

'Conectadas', en 18 concellos

420 mulleres de asociacións de 18 concellos da provincia comezan a próxima semana 26 novas accións formativas enmarcadas no programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra.

Esta iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a promoción das mulleres a través de accións formativas que este ano se desenvolverán en 53 concellos e contarán coa participación de máis de 4.000 usuarias.

Luns, 18

O luns 18 darán comezo oito accións. 12 mulleres da Asociación de mulleres rurais A Chanciña (Campo Lameiro) iniciarán un curso de xardinería, 20 mulleres da Asociación Aspadeza (Lalín) e 13 da Asociación Española contra el Cáncer de Vigo; cursos de musicoterapia, 19 usuarias da Asociación de veciños desenvolvemento rural de Alberguería (Moraña) e 12 da Asociación Galega Tecendo Sonhos; un curso de ioga, 24 mulleres da Asociación cultural personas maiores do Rosal unha acción de sendeirismo, 12 mulleres de Down Pontevedra Xuntos; un curso de teatro e 15 mulleres da Asociación Española contra el Cáncer de Pontevedra un de ximnasia hipopresiva.

Martes, 19

O martes 19 será a quenda de tres novos obradoiros. Neste caso, 15 mulleres da Asociación de mulleres rurais Chan dos Castiliños (As Neves) comezarán o curso de alfabetización dixital II; 23 usuarias da Asociación mulleres rurais, consumidoras e culturais A Xuntanza (Fornelos de Montes) un de poda e tarefas do campo desde a sustentabilidade; 15 da Asociación mulleres en igualdade de Moneixas (Lalín) outro de ioga.

Mércores, 20

No caso do mércores 20 de setembro, 12 mulleres da Asociación de veciños de San Brais de Vinseiro (A Estrada)
comezarán unha acción de risoterapia; e 16 da Asociación cultural e artística os Contentos (Ponte Caldelas) outra de pilates.

Xoves, 21

Tamén o xoves 21 de setembro comezarán tres novos obradoiros: 18 mulleres de Medrar 2.0. (Barro) darán inicio ao curso de musicoterapia; 17 da Casa cultural artística y deportiva de Areas (Ponteareas) o de alfabetización dixital II; 15 usuarias da Federación Cogami Pontevedra (Vigo) o de risoterapia.

Venres, 22

No caso do venres 22 serán dous os cursos que boten a andar. Por unha banda 17 mulleres da Asociación de veciños Santa Apolonia de Guimarei (A Estrada) comezarán a formación en artesanía en coiro e, polo outro, 13 da Asociación de Mulleres Escola Vella de Hio (Cangas) de sendeirismo.

Sábado, 23

Xa por último, o sábado 23 oito entidades da provincia comezarán as accións formativas de “Conectadas”. 14 mulleres da Asociación rurais de Arnois (A Estrada) darán inicio a un curso de xardinería; 15 usuarias da Asociación de mulleres rurais Val da Louriña (Mos) un de sendeirismo; 16 da Asociación jubilados y pensionistas de Salceda (Salceda de Caselas) a formación de alfabetización dixital II; 20 mulleres da Asociación veciñal e cultural San
Martiño de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) un de risoterapia; 24 da Asociación de Mulleres de Moaña (Moaña) un de taichi; 13 usuarias da Asociación veciñal de Pigarzos (A Lama) comezarán os seus encontros con lectoras; 14 da Asociación musical cultura Tirante (Barro) de horta ecolóxica; por último, 16 mulleres da Asociación xubilados e pensionistas caldenses (Caldas de Reis) comezarán un curso de poda e tarefas de campo desde a sustentabilidade.

También te puede interesar