Sucesos Vigo al minuto

Persoal do 061 ten que acudir en taxi a atender unha urxencia en Cangas

Unha persoa maior caeu na rúa e estivo 25 minutos no chan porque non había ambulancias

A Unión Local da CIG no Morrazo denuncia, unha vez máis que a falta de ambulancias do 061 na comarca provocou a necesidade de mobilizar en taxi a un equipo formado por unha médica e unha enfermeira para atender unha situación grave pola caída dunha persoa maior veciña de Cangas. A paciente sufriu un forte traumatismo na cabeza nas proximidades da Alameda Nova, en pleno centro da vila, ao redor das 21:30 horas deste venres.

Unha ambulancia dende Vigo

Ao estar ocupadas todas as ambulancias da comarca con base e Cangas, Moaña e Bueu, a persoa accidenta tivo que permanecer tendida no chan, en estado aparentemente grave, á espera de recibir asistencia dunha ambulancia que acudiu dende Vigo 25 minutos despois. «Este feito provocou unha gran alarma entre ás persoas que alí se atopaban nas inmediacións e foron testemuñas do ocorrido».

Axuda da Policía Local

O 061 mobilizou novamente ao persoal do PAC en taxi, pero dado a que este recurso tardaría máis de media hora, o persoal do Centro Sanitario decidiu solicitar pola súa conta auxilio policial. Deste xeito, grazas a colaboración da Policía Local que se desprazou a recoller ao persoal e material sanitario para trasladalo finalmente no coche patrulla ata o lugar dos feitos.

Ao carecer dunha ambulancia máis na comarca, a asistencia de Soporte Vital Avanzado que requiría a vítima, tivo que prestarse novamente coa metade do equipo sanitario previsto e sen o material do que se dispón nos vehículos sanitarios.

Intervención do Concello de Cangas

A CIG pedirá ao Concello de Cangas a súa intervención solicitando un informe do ocorrido á Policía Local e que posteriormente soliciten explicacións ao Sergas sobre o ocorrido así como o reforzo de forma inmediata dunha ambulancia máis con base en Cangas como cabeceira da Comarca do Morrazo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.