Destacados Vigo al minuto

O paseo do Lagares chegará ata Lavadores

Os traballos, que están en marcha, actúan sobre un treito de 3,3 quilómetros

O paseo do Lagares chegará ata Lavadores

Seguen adiante as obras de recuperación dun novo tramo paseo fluvial do río Lagares que percorre Lavadores. O mesmo enlazará co treito xa construído entre Manuel Álvarez e o mercado de Cabral. Esta nova actuación actúa sobre un tramo de 3,3 quilómetros, no que se inverten 1,2 millóns de euros, dos que máis de 400.000€ destínanse a expropiacións.

17 quilómetros

O alcalde, quen cisitou onte as obras, explicou que a ampliación en 785.570€ do do contrato da obra do tramo comprendido entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid débese aos cambios introducidos no proxecto coa finalidade de mellorar o paseo e de propiciar a adaptación ás condicións do complexo terreo.

Tras lembrar que os 17 quilómetros do leito do río discorren integramente por Vigo, Abel Caballero salientou que, “o Lagares é unha xoia da natureza”Asi, na zona na que se traballa, unha condución de auga transformouse nunha fervenza, na mesma se construirán pontes de madeira, intervención sumarase a recuperación dunha área próxima.

Máis árbores

Como informara vigoalminuto, o novo traxecto de Lavadores enmárcase nun corredor natural de 28.700 metros cadrados. O mesmo vaisa estase transformando nunha zona verde de especial valor natural na que, segundo o proxecto do Goberno local, se plantarán 140 árbores de gran porte, como carballos e freixos e 640 de menor tamaño.

También te puede interesar