Galicia Vigo al minuto

A campaña da vacinación fronte á gripe e a COVID arrancará o luns día 25

Comezará en residencias de maiores e persoas con discapacidade

A campaña da vacinación fronte á gripe e a COVID arrancará o luns día 25

O presidente da Xunta anunciou hoxe que o vindeiro 25 de setembro arrancará en Galicia a campaña de vacinación da gripe e da Covid nas residencias de maiores e persoas con discapacidade. Alfonso Rueda salientou que “a vacinación xoga un papel fundamental” na prevención de enfermidades e no impulso de camiñar cara unha sanidade máis proactiva, é dicir: actuar antes de que se produza un problema de saúde. Este é un dos obxectivos principais da Estratexia galega de saúde 2030 que inicia a súa tramitación tras ser avaliada hoxe polo Consello na súa reunión semanal.

Rueda explicou que esta Estratexia “é unha folla de ruta” para afrontar os retos da sanidade do futuro e chega despois de que a pandemia “deixase clara a necesidade dunha maior integración das políticas sanitarias en marcha”. De feito, tal e como subliñou o presidente, “é a primeira vez que se realiza unha planificación conxunta das prioridades en saúde pública, atención aos pacientes e investigación sanitaria”.

También te puede interesar