Comarcas Vigo al minuto

Mos abre o prazo de solicitude das axudas de libro, material escolar e comedor

Ata o día 29 deste mes

Co inicio do curso escolar 2023-24, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Educación e Política Social respectivamente, informan da apertura do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor. O prazo estará aberto ata o 29 de setembro.

A alcaldesa lembrou a este respecto que a partida do orzamento anual de Educación incremnetouse este ano, pasando de 495.255,50 euros en 2022 a 506.836,10 euros en 2023, «potenciando a actividade extraescolar de inglés para a obtención do Certificado Trinity nas escolas; triplicando a contía dedicada ás axudas para comedor escolar, duplicando a de material, e incrementando tamén a da Aula Madruga«.

Educación Infantil, Primaria e Secundaria

Os departamentos municipais de Educación e Política Social explican que a apertura ete luns do prazo de solicitude das axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar e uso do servizo de comedor, para o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria dos centros educativos do municipio, «ten como obxectivos principais os de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e apoiar as familias con dificultades socio-económicas».

Contías

As axudas de material escolar están dirixidas ao alumnado escolarizado nos centros educativos do Concello de Mos, dende o primeiro ciclo de educación infantil ata secundaria, sendo as contías máximas que se poden conceder as seguintes:

 E. Infantil (1º ciclo)…………….ata 40,00 € 

 Educación Infantil (2º ciclo)…………….ata 80,00 €

 E. Primaria…………………………ata 80,00 €

 Educación Secundaria……………………..ata 80,00 €.

Das axudas de comedor escolar poderán ser beneficiarias as familias con menores matriculados nos CEIP Públicos do noso Concello (CEIP Atín-Cela, CEIP Mestre Martinez Alonso, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Pena de Francia e CEIP Petelos), e a achega será de 2€/menú/día, que se aboarán trimestralmente unha vez xustificado o gasto.

As familias que queiran solicitar as axudas poden consultar as bases e a documentación complementaria a presentar na páxina web do Concello de Mos, ou no departamento de Educación, cuxas oficinas están no Edificio Multiusos. As solicitude e documentación deben ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica en www.mos.es.

Para calquera dúbida poden pórse en contacto no correo electrónico [email protected] ou no telefono 986 339 404.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.