Cultura Vigo al minuto

O pregón de Touriñán abre as Festas dos Remedios, en Ponteareas

Anímase a acudir vestido de época

O pregón de Touriñán abre as Festas dos Remedios, en Ponteareas

O Concello de Ponteareas da o pistoletazo de saída ás festas dos Remedios coa lectura do pregón por parte de Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.

Mercadiño, artesanía e postos gastronómicos

Este ano celébrase a XV Feira Tradicional dos Remedios, que durante toda a fin de semana converterá a Ponteareas na vila que foi no pasado. Contará co mercadiño tradicional, con postos de artesanía e gastronómicos. Tamén se poderá desfrutar de obradoiros infantís, actuacións musicais da man das Bandas de Música do municipio ou a tradicional tirada de fogos. Anímase a cidadanía a acudir vestidos da época e desfrutar desta feira tradicional na que a protagonista é a historia e o pasado da vila.

También te puede interesar