Destacados Vigo al minuto

1,5 millóns para a reforma integral do parque Nelson Mandela de Navia

A Deputación de Pontevedra achega 940.000 euros

O Goberno local aprobará este venres, 1 de setembro, a contratación das obras para o novo arborado e reordenación do Parque Nelson Mandela, de Navia. En total o investimento nesta obra é de 1.500.000 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega 940.000€ e o Concello 560.000€. O prazo de execución será de 5 meses.

Convenio Concello-Deputación

Así, esta obra será posible grazas ao convenio asinado no seu día entre o Concello e a Deputación. Hoxe dende a institución provincial, dado que o alcalde non citou a aportación do organismo provincial, indicaron que agardan que o Goberno municipal «respecte os termos que se recollen no convenio e que obrigan a deixar constancia de que a obra realízase en colaboración das dúas administracións».

Adaptación paisaxística

“É unha adaptación desde o punto de vista paisaxístico, con conexión á rúa Teixugueiras”, informou Abel Caballero. O alcalde apuntou a que, tal e como recolle a memoria do proxecto, a actuación contempla a mellora das conexións entre os espazos interiores do parque coa rúa Teixugueiras; a implantación de xardinería e arborado; a reordenación do parque por zonas: auditorio ao aire libre; xogos de Teqball; zona canina; labirinto vexetal; zonas de relax e lectura; esculturas; a renovación da rede de rega e a instalación de novo mobiliario urbano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.