Comarcas Vigo al minuto

Redondela retoma o Programa de ‘Visitas Culturais e de Lecer’ para as persoas maiores

Abre a inscrición este venres, día 1 de setembro

O Concello de Redondela pon en marcha unha nova edición de ‘Visitas culturais e de lecer’, para maiores, esta vez, ao norte de Portugal.

Inscrición

Así, a partir deste venres 1 de setembro, as persoas maiores de 55 anos, poderán inscribirse nas oficinas de Turismo (de 11:00 a 19:00h) para a excursión organizada para visitar Valença, Monçao, Melgaço e Vilanova de Cerveira. Esta saída desenvolverase a partir do mércores 14 de setembro, dando a posibilidade de máis datas para dar cabida a todas as inscricións, sendo a  data límite para anotarse o venres 8 de setembro.

Polo que se refire ao prezo desta primeira visita será de 19€, ademáis o pago poderá realizarse con tarxeta directamente nas oficinas de Turismo sitas na rúa Isidoro Queimaliños.

A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela retoma esta iniciativa logo do seguimento das anteriores edicións nas que se chegaron a superar as 600 inscricións. «Viaxes como a Ribeira Sacra gozaron do beneplácito das persoas maiores do noso municipio na que, a calidade do xantar e as incríbles panorámicas da contorna, animaron ás persoas participantes a seguir demandando máis saídas, abaladas polo reducido prezo xa que o transporte está financiado polo Concello», sinalan dende a concellería.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.