Vigo al minuto

O ‘Colegio Hogar Afundación’ inicia o novo curso coas súas aulas cheas

O ano pasado superou o 80% de empregabilidade

O Colegio Hogar de Afundación de Vigo inicia o novo curso coas súas aulas cheas

O Colegio Hogar Afundación de Vigo comezará en setembro un novo curso académico. Nel impártense un total de 9 titulacións de ciclos formativos, seis de grao medio —Preimpresión dixital, Impresión gráfica, Soldadura e caldeiraría, Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas e Instalacións de telecomunicación— e tres de grao superior —Programación da produción en fabricación mecánica, Automatización e robótica industrial e Mantemento electrónico—.

Máis do 80% de empregabilidade

Así, os responsábeis do centro subliñan que o grao de empregabilidade dos ciclos durante o pasado curso foi especialmente revelador da “altísima aceptación da formación profesional no mercado laboral”, cunha porcentaxe que rolda o 80,5 %. Isto supón que un total de 137 estudantes tiveron a oportunidade de completar a súa formación con prácticas en centros en traballo grazas á colaboración de 107 empresas, “que realizaron unha moi boa valoración dos estudantes en prácticas”.

Actividades, promoción, voluntariado

Ademais, no curso que finalizou, organizáronse no diversas actividades que complementan a súa oferta académica como a «XVI edición da Semana Técnica do Colexio Hogar»; ademais de accións de voluntariado como as campañas de doazón de sangue; recollida de alimentos ou labores de voluntariado ambiental.

También te puede interesar