Destacados Vigo al minuto

Máis de 50 actividades para esta ‘Noite branca’

Hoxe, de 20:00 a 02:00h.

Máis de 50 actividades para esta 'Noite branca'

En Vigo están programadas máis de 50 actividades para a Noite Branca da rede de museos municipais que se desenvolverá este venres, día 18, entre ás 20:00 e as 02:00 horas.

Visitas guiadas

A programación conta con visitas guiadas a partir das 8 da tarde no Pazo de Castrelos, tamén dos xardíns históricos e haberá ás 21:00 horas un recital lírico con voz e piano no atrio do xardín dianteiro; na Pinacoteca haberá visitas guiadas desde as 19:30 horas e música e poesía na rúa Abeleira Menéndez; na Casa das Artes a partir das 21:00h comezarán obradoiros de poesía 3.0 transformada en arte dixital a través da intelixencia artificial, videomapping e para rematar unha peza de danza contemporánea.

Obradoiros

Os obradoiros programados no Verbum requiren inscrición previa. Ademais de poder traballar en distintas modalidades, a Noite Branca remata neste ámbito con dous concertos na terraza do museo. No MARCO as actuacións musicais e artísticas comezan ás 20:00 horas con live painting e djs con músicas do mundo. O Museo Liste acollerá a presentación dun novo proxecto “Queridos obxectos: nostalxia e sedución” amais de contar con pases guiados á exposición.

No xacemento arqueolóxico de Toralla están programados catro pases para as recreacións teatralizadas do mundo romano. En Finca Solita fúndese o patrimonio e a música coa actuación de Sergio de Miguel que presenta o seu proxecto “Atlántida” ás 21 horas.

Algunhas destas actividades requiren inscrición previa. Os interesados poden contactar ata hoxe ás 20 horas cos teléfonos 986 240 130 / 619 948 920 ou por correo electrónico [email protected].

Consulta todo o programa premendo AQUÍ.

También te puede interesar