Comarcas Vigo al minuto

Comezan as obras do ‘aparcadoiro disuasorio’ na estrada PO-551, en Domaio

Terá 75 prazas e costará 877.000 euros

Comezan as obras do 'aparcadoiro disuasorio' na estrada PO-551, en Domaio

A Xunta vén de comezar as obras de execución do aparcadoiro disuasorio na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no concello de Moaña, que suporán un investimento de máis de 877.000 euros.

75 prazas

Trátase da construción dun novo aparcadoiro nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33+250. Así, o novo aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, e preinstalación de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos. Disporá, ademais, de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil.

You may also like