Comarcas Vigo al minuto

Nova actividade infantil no Porriño para “favorecer a conciliación”

Para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos

Nova actividade infantil no Porriño para "favorecer a conciliación"

A Concellería de Igualdade do Porriño organiza unha nova actividade dirixida aos rapaces e rapazas de 3 a 12 anos de idade co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Terá lugar entre o 14 de agosto ao 8 de setembro en horario de mañá, de 9 a 14h.

Esta actividade desenvolverase dentro do proxecto “Medidas de impulso por unha mellora na búsqueda de emprego e incorporación ao mercado laboral das mulleres con cargas familiares” cofinanciado pola FEMP e IMS, no marco do convenio suscrito o 31 de marzo de 2023.

Inscrición

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro mércores 2 de agosto, ás 09:00 h, e pecharase o día 8, tamén ás 09:00 h. Así, a folla de inscrición estará a disposición dos interesados na páxina web do Concello a partir deste martes, 1 de agosto.

Unha vez presentadas as solicitudes, a listaxe de admitidos publicarase na mesma web o día 9 de agosto. Ollo: as prazas están limitadas a 50 participantes e “a selección realizarase previa baremación por orde de rexistro de entrada”, tendo prioridade as nenas e nenos empadroados no Porriño.

También te puede interesar