Galicia Sucesos

Catro rapaces caen dun balcón, en Sanxenxo

Un deles está moi grave

Catro rapaces caen dun balcón, en Sanxenxo

Imaxe: S.E./ Catro rapaces de entre 19 e 20 anos, resultaron feridos, un deles está en estado moi grave, logo de precipitarse dende o balcón dun primeiro piso, nun edificio de Sanxenxo.

Dacordo cos primeiros datos, estaban apoiados na varanda e esta cedeu. O suceso produciuse sobre a 1 da mañá, cando estes mozos, procedentes de Madrid, un deles dono da vivenda, estaban de festa con outros catro amigos.

O ferido máis grave está internado no Hospital Clínico de Santiago; outros dous rapaces no Montecelo e o último foi atendido no Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar.

También te puede interesar