Comarcas Vigo al minuto

O BNG de Redondela convoca ao Goberno local para desbloquear a súa organización

Responsabilizan do fracaso do último Pleno á alcaldesa, Digna Rivas

Despois do fracasado intento do pleno de organización do Concello de Redondela, dende o Bloque Nacionalista Galego veñen de dirixierse ao Goberno municipal para iniciar conversas co fin de acadar un consenso entre todas as partes implicadas. “Asumimos a responsabildiade de dar o primeiro paso nesta negociación tras a parálise dunha semana, sen novas do goberno municipal”, sinalan fontes nacionalistas.

Digna Rivas, responsable

Responsabilizan do fracaso do primeiro Pleno do mandato á alcaldesa Digna Rivas por non ter consensuada no seo do goberno de PSOE e AER, a proposta que se levou á sesión do xoves 6, que finalmente non saíu adiante. “Pola nosa parte ofrecemos diálogo e colaboración para chegar a un entendemento que permita ao Goberno municipal de Redondela traballar con normalidade, destacan.

«Intereses partidistas»

Ainda así, dende o BNG amosan a súa preocupación dende a organización nacionalista pola dinámica que se pode instaurar neste mandato, de que «calquera grupo do bipartito poida votar nos puntos resolutivos en función dos seus intereses partidistas» e non como goberno cohesionado. “O principio básico dun bipartito é que ambas partes están comprometidas a defender acordos plenarios como propios”, sinalan.

Na tarde deste xoves a organizacio nacionalista dirixíuse á acaldesa para que concrete data e hora para realizar a xuntanza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.