Cultura Vigo al minuto

Gadis lanza un concurso en TikTok para potenciar o uso do galego entre os mozos

Orixe Zeta

Gadis lanza un concurso en TikTok para potenciar o uso do galego entre os mozos

Supermercados Gadis lanza Orixe Zeta, I Concurso Gadis de Nova Creatividade Galega. O fin é promover o emprego do galego entre a mocidade, ademais de poñer en valor o seu talento creando contidos orixinais neste idioma nas súas redes sociais.

Esta iniciativa está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, que deberán publicar un vídeo orixinal en galego de menos de 60 segundos en TikTok. Terá que encaixar nalgunhadas seguintes disciplinas: música, poesía, creatividade audiovisual ou creatividade gráfica e compartilo na web www.gadisorixezeta.gal.

O prazo para participar neste concurso xa está aberto ata o próximo 17 de setembro.

Así, o xurado elixirá dous gañadores: para o vídeo co mellor contido e para o  que goce de mellor calidade técnica. Serán agasallados cun iPhone® 13, MIDNIGHT 128 GB e uns airpods. Entre o resto de participantes,  sortearanse 10 vales de compra por valor de 50 euros para utilizar nos establecementos Gadis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.