Comarcas Vigo al minuto

Digna Rivas nega que a súa número 2 deixase o Concello por diferencias con ela

Desminte completamente a versión de María Castro

O BNG de Redondela convoca ao Goberno local para desbloquear a súa organización

A alcaldesa de Redondela negou que María Castro, ata o pasado mandato número 2 do Goberno local de Redondela, deixase o Concello por diferencias con ela. Nunha nota de prensa, Digna Rivas apunta que é imprescindicble que os e as concelleiras teñan un traballo compatible co itinerario do Concello e sobre todo co horario de cara ao público.

Este é un dos motivos polos que María Castro decidiu deixar o seu posto como concelleira. É unha pena que o seu horario laboral sexa incompatible coas necesidades deste Concello. Agradezo o seu traballo estes catro anos. Sempre tiven o seu respaldo e confianza e así o demostrou revalidando a súa candidatura nas listas electorais e apoiando a miña investidura”, comenta a alcaldesa.

Esta versión non ten nada que ver coa da propia Castro que, como informou vigoalminuto, xustificou a súa saída do Goberno local por “discrepancias irreconciliables” con Digna Rivas. A ex concelleira continuaba asegurando que estes desencontros non eran novos e que veñen de meses atrás. Ademáis, concluía que no Goberno as decisións xa non se tomaban en grupo, senon que decidía so a alcaldesa.

Baixada de soldo

Na mesma nota, Rivas explica que entre as propostas que se levan ao Pleno de organización do Concello de Redondela, que se celebrará a semana que vén, está a reestructuración dos salarios da Corporación e o persoal eventual.

A súa intención é axustalos para non superar os orzamentos estipulados actualmente. Así, a Corporación municipal vai pasar de un membro con exclusividade para o concello a dous e dunha persoa contratada como persoal eventual a tres. Entre o persoal eventual plantéxase unha persoa de confianza para o BNG, polo que “para non aumentar a
cuantía dos orzamentos destinados a persoal. Eu, como alcaldesa de Redondela, decidín propor baixar o meu soldo para compensar os novos gastos”
, explica Digna Rivas.

A rexedora local salienta que “a miña prioridade é que os concelleiros e concelleiras teñan un soldo digno e acorde co seu traballo. O máis importante é que poidan estar a disposición da cidadanía e por iso, aqueles que forman parte da equipa de goberno estarán tódalas mañás no horario de portas abertas para cumprir co seu deber que é servir aos veciños e veciñas de Redondela”.

También te puede interesar