Comarcas Vigo al minuto

Digna Rivas nega que a súa número 2 deixase o Concello por diferencias con ela

Desminte completamente a versión de María Castro

A alcaldesa de Redondela negou que María Castro, ata o pasado mandato número 2 do Goberno local de Redondela, deixase o Concello por diferencias con ela. Nunha nota de prensa, Digna Rivas apunta que é imprescindicble que os e as concelleiras teñan un traballo compatible co itinerario do Concello e sobre todo co horario de cara ao público.

«Este é un dos motivos polos que María Castro decidiu deixar o seu posto como concelleira. É unha pena que o seu horario laboral sexa incompatible coas necesidades deste Concello. Agradezo o seu traballo estes catro anos. Sempre tiven o seu respaldo e confianza e así o demostrou revalidando a súa candidatura nas listas electorais e apoiando a miña investidura”, comenta a alcaldesa.

Esta versión non ten nada que ver coa da propia Castro que, como informou vigoalminuto, xustificou a súa saída do Goberno local por «discrepancias irreconciliables» con Digna Rivas. A ex concelleira continuaba asegurando que estes desencontros non eran novos e que veñen de meses atrás. Ademáis, concluía que no Goberno as decisións xa non se tomaban en grupo, senon que decidía so a alcaldesa.

Baixada de soldo

Na mesma nota, Rivas explica que entre as propostas que se levan ao Pleno de organización do Concello de Redondela, que se celebrará a semana que vén, está a reestructuración dos salarios da Corporación e o persoal eventual.

A súa intención é axustalos para non superar os orzamentos estipulados actualmente. Así, a Corporación municipal vai pasar de un membro con exclusividade para o concello a dous e dunha persoa contratada como persoal eventual a tres. Entre o persoal eventual plantéxase unha persoa de confianza para o BNG, polo que “para non aumentar a
cuantía dos orzamentos destinados a persoal. Eu, como alcaldesa de Redondela, decidín propor baixar o meu soldo para compensar os novos gastos”
, explica Digna Rivas.

A rexedora local salienta que “a miña prioridade é que os concelleiros e concelleiras teñan un soldo digno e acorde co seu traballo. O máis importante é que poidan estar a disposición da cidadanía e por iso, aqueles que forman parte da equipa de goberno estarán tódalas mañás no horario de portas abertas para cumprir co seu deber que é servir aos veciños e veciñas de Redondela”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.