RGPD - Cookies
Vigo al minuto

A xustiza declara nulo o acordo de tele-traballo de Stellantis Vigo

A CUT subliña que «vulnera dereitos fundamentais»

A xustiza declara nulo o acordo de tele-traballo de Stellantis Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en sentenza 02660/2023, «condena» a Stellantis Vigo, por vulneración de dereitos fundamentais e da liberdade sindical a representación das persoas traballadoras, e neste caso á CUT como único sindicato demandante.

30.000 euros

Así, apuntan dende a central sindical, a sentenza declara nulo o acordo individual de tele-traballo «e acredita 3 vulneracións a liberdade sindical polas que a empresa ten que indemnizar a CUT con 30.000€«.

Á vista da decisión xudicial, dende o sindicato aseguran que «unha vez máis ponse de manifesto a clara política antisindical que ten esta empresa de cara a CUT, a única central sindical que lle fai fronte». Denuncian os seus responsábeis que «o ninguneo continuado ao que pretende someternos, ocultándonos continuamente a información indispensable para poder actuar na defensa das persoas traballadoras e limitando a nosa acción sindical, ao que agora e unha vez máis con esta nova sentenza, ponlle freo o TSXG».

Varias sentenzas

Ademáis, dende a CUT subliñan que xa son varias as sentenzas que sancionan á planta viguesa por vulnerar dereitos
fundamentais. Neste caso, «a sentenza ditamina que, o acordo de tele-traballo que foi imposto unilateralmente pola empresa». O mesmo é nulo, «e mais a vista das diferentes cláusulas que nel se recollen»: dificulta dereitos de conciliación as persoas que de adhiran ao acordo individual de tele-traballo; establece condicións de equipamento tamén a cargo da persoa traballadora como pode ser o internet, cando é a empresa quen debe de facilitalo.

Así mesmo, continúan dende a CUT, a compensación económica realizada pola empresa de 120€ brutos/ano que
compensaría de xeito global a situación de tele-traballo, non pode ter consideración de salario, xa que sería transformar parte do salario en indemnizacións ou suplidos, reducindo o salario por esta vía. Por último, «condiciona os limites da desconexión dixital, ao poder establecer comunicacións urxentes fora da xornada laboral das persoas traballadoras».

Dende a CUT rematan lembrando que «este acordo imposto contou co silencio de (SIT, UGT e CC.OO)».

También te puede interesar