Comarcas Vigo al minuto

Nava Castro segue tendendo a man a ACIP para gobernar Ponteareas en coalición

Tivo unha xuntanza con Juan Carlos González o pasado día 1

Nava Castro mantén a man tendida a ACIP, desde o 28 de maio, cando o PP foi a forza máis votada en Ponteareas, para chegar a un acordo que permita formar un goberno de coalición. O mesmo contaría con maioría absoluta (11 concelleiros de 21). Hai que lembrar que o Partido Popular acadou 7 edís (+2); BNG 6 (-3); ACIP 4 (=); PSOE 2(-1), Independentes de Ponteareas 1 e Ponteareas en Común 1.

Castro afrontar cinco días clave de negociación-as corporacións confórmanse o sábado día 17- logo de «ter sido totalmente clara e transparente dende o minuto 1», asegurando que a única liña vermella para poder chegar a acordos é que a Alcaldía ten que ser para a candidata máis votada.

Un encontro

Ata hoxe houbo un encontro, da propia Nava Castro co cabeza de lista de ACIP, Juan Carlos González, o pasado día 1. A xuntanza, sen difusión mediática, sen equipos negociadores, durou 45 minutos e, indican dende o PP, foi un «encontro vis a vis».

«Co-protagonista»

Para os populares ACIP ten que ser «co-protagonista [da xestión municipal] durante os vindeiros 4 anos» e confían en «chegar a acordos que dean unha oportunidade á nova etapa que se abriría en Ponteareas”. Precisamente sobre as posibilidades de cara ao pleno de toma de posesión do sábado 17 de xuño, a líder popular insiste en que “só existen dúas opcións, que non se moveron un ápice desde a noite electoral: ou ACIP se suma ao noso proxecto, ao que están invitados a formar parte activa e ser fundamentais no futuro da nosa vila, ou respectan os resultados das urnas e permiten gobernar á lista máis votada, que ademais conta co proxecto político e o equipo para facelo posible en minorí

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.