Cultura Vigo al minuto

Julieta Venegas esgota as entradas para a súa actuación en Vigo

Estará no Festival TerraCeo o 9 de xullo

Julieta Venegas esgota as entradas para a súa actuación en Vigo

Estará no Festival TerraCeo o 9 de xullo

As entradas para a actuación de Julieta Venegas en Vigo están esgotadas, pero é que conforme avanzamos coa cuarta edición do Festival TerraCeo, a expectación segue en aumento. 

Así, a polifacética artista mexicana leva percorrido xa un camiño que mediante o esforzo foi denominada como lenda viva da música española. Dende o debut do seu primeiro disco “Aquí” no ano 1997, Julieta foi construíndo unha sólida carreira musical avalada por 46 premios entre Grammys e Grammys Latinos, MTV Music Awards ou Premios da Academia Española da Música.Unha traxectoria que a coloca con mais de 16 millóns de escoitas mensuais en Spotify. Unha carreira que compaxina, ademais, coa labor altruista que a levou a ser nomeada embaixadora de boa vontade por UNICEF ou a intervir nos Premios Nobel da Paz.

“Tu historia”

Con “Tu Historia”, o seu octavo álbum de estudo, a artista mira ao pasado, pero como unha parte importante para construir o futuro. O disco fala de rupturas e separacións, pero en vez de regodearse na miseria, anima a quedarse co bo do pasado para seguir cara adiante. Producido polo chileno Álex Anwandter, temas como “Mismo amor” lévannos a bailar ao ritmo de música disco, mentres que outros como “Te Encontré” regresan ao pop íntimo no que a artista manexase perfectamente. Agora, nunha xira mundial para presentalo, o festival TerraCeo, na súa aposta por achegar artistas de primeira categoría, non podía deixar pasar a oportunidade de traela a Vigo.

Xuño

Durante todo o mes de xuño, pasarán polo Mar de Vigo Paco Ibáñez, unha actuación enmarcada no Centenario de Carlos Oroza (9 de xuño) ou a presentación do novo traballo de Sílvia Pérez Cruz titulado “Toda la vida, un día” (24 de xuño).

Ademais, da maxia de El Mago Yunke (11 de xuño) e o encanto do musical “Disney Rok” (18 de xuño). E para conmemorar o 75 aniversario do Consorcio da Zona Franca, levará a cabo o Vigo Global Summit 2023.

Tedes toda a información sobre a venda de entradas pode atoparse na páxina web do Mar de Vigo, ou na billeteira www.teuticket.com.

Máis actuacións

Hai que lembrar que esta cuarta edición de TerraCeo tamén contará coa estrela do soul Curtis Harding, un directo para o que restan poucas localidades. Xullo comezará co indie-pop bailable de La La Love You; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis; o novo flamenco de María José Llergo ou desert blues dos Tinariwen.

E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de HARD GZ, a piques e esgotar entradas, e o inclasificable trap de Boyanka Kostova.

También te puede interesar