Vigo al minuto

Só 6 dos 21 residentes de que fixeron en Vigo Medicina Familiar, traballarán en Atención Primaria

«Pola falta de contratos estables e de calidade»

La UVigo solicitará Medicina si no se firma en un mes el convenio para la descentralización de la docencia

«Pola falta de contratos estables e de calidade»

CIG-Saúde denuncia o «fracaso» da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo para reter ás persoas que rematan a súa formación como Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria.

Así, apuntan dende o sindicato, só 6 dos 21 residentes desta especialidade traballará en Atención Primaria, en consulta ou en Puntos de Atención Continuada (PAC); 13 dos 21 traballarán en Urxencias Hospitalarias; 9 en hospitais galegos e 4 de fora.

Falta de contratos estables e de calidade

Segundo os responsábeis da CIG, «o feito de que 13 prefiran traballar en Urxencias Hospitalarias reflicte a situación de
precariedade e sobrecarga na que se atopa a Atención Primaria na nosa Área Sanitaria»
. Ademais, engaden, resulta especialmente incomprensible que, neste ano, ante o escenario de falta de profesionais nos Centros de Saúde e nos PACs ,non se tomaran medidas concretas para ofertar contratos estables e de calidade ás persoas que rematan a súa
formación.

Por todo iso, CIG-Saúde denuncia a «falta de compromiso da Xerencia de Vigo coa Atención Primaria» e esixe que se oferten eses contratos laborais de calidade. Nesta liña, a central pide á Consellería de Sanidade que se desboten as ofertas de prazas da nova categoría de Facultativo Especialista de Atención Primaria, que penalizan as condicións
de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.