Comarcas Vigo al minuto

Covelo renova o Servizo de Atención Temperá para familias con nenos de 0 a 6 anos

Desenvolve o seu traballo dende hai un ano no Centro de Saúde de Maceira

Covelo renova o Servizo de Atención Temperá para familias con nenos de 0 a 6 anos

Desenvolve o seu traballo dende hai un ano no Centro de Saúde de Maceira

Covelo vén de renovar o servizo público de atención temperá. Fíxoo xunto aos concellos de A Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario e o Melón que compartirán, grazas á sinatura dun convenio de colaboración, este servizo de atención psico-social e familiar. O mesmo está destinado a satisfacer os dereitos e necesidades das nenas e dos nenos con dificultades no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, e das súas familias.

Xa funciona dende hai un ano

Así, o servizo de atención temperá de Covelo xa desenvolve o seu traballo dende hai un ano os mércores en horario de mañá e tarde na súa sede do centro de saúde de Maceira. Ademáis, o mesmo abrangue as prestacións de: diagnose e valoración de trastornos de desenvolvemento; desenvolvemento psicomotor; cognitivo; desenvolvemento da linguaxe e comunicación; desenvolvemento da autonomía; da área social e afectiva; apoio, información habilitación e formación da familia.

Máis servizos

Deste xeito, agora o convenio asinado entre A Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Melón e Covelo permite unir esforzos para ofrecer novos servizos á veciñanza e optimizar os recursos económicos dos concellos.  Así mesmo, o servizo de atención temperá de Covelo está integrado na Rede galega, que se marca como principios a descentralización e proximidade e o achegamento eficiente do servizo ás persoas destinataria. En consecuencia, o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, recoñécese como o idóneo para o desenvolvemento deste tipo de servizo.

Sumando esforzos

“Conveniar e sumar esforzos é o xeito de poder ofrecer novos servizos á veciñanza cando de xeito individual non é viable. O goberno de Covelo seguirá traballando en mellorar o día a día das persoas coa oferta de novos servizos e a mellora dos existentes” explica o alcalde, Pablo Castillo.

Inclusión

Por iso, o servizo de atención temperá atenderá ás familias que sexan derivadas por pediatría e permitirá empregar as ferramentas precisas para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social dos nenos e das nenas con necesidades específicas. Así, a agrupación de concellos dirixirá o seu traballos á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno.

De pedagoxía a fisoterapia ou educación social

Para facelo posible, o servizo contará cun mínimo de tres integrantes; será interdisciplinar e estará integrado por profesionais diferentes de entre os seguintes graos: pedagoxía; psicopedagoxía; psicoloxía; logopedia; educación social; traballo social; maxisterio; enfermería; terapia ocupacional; fisioterapia e medicina.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.