Galicia Sucesos

A ‘ponte do 1º de Maio’ remata sen mortos nas estradas de Galicia

Houbo 81 feridos en 68 accidentes de tráfico

Houbo 81 feridos en 68 accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ‘ponte do 1º de Maio’ a 81 persoas debido a 68 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 28 de abril, e as 12 menos un minuto da noite deste luns pasado, 1 de maio.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 75 chamadas en relación cos percances de tráfico e os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas, foron 79.

Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 67 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, en 4 accidentes.

En 70 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.