Cultura Vigo al minuto

Estudantes de FP completan formación en Europa co programa Deputación Erasmus+

Dende o pasado día 3

Estudantes de FP completan formación en Europa co programa Deputación Erasmus+

Dende o pasado día 3

Un total de 9 estudantes de FP da provincia de Pontevedra atópanse xa en Malta, Italia e Portugal no marco das primeiras mobilidades do programa Erasmus+ 2022. O obxectivo é realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas, mellorando as súas expectativas laborais.

A Deputación destina 54.077 euros ao alumnado, para contribuír a facer fronte aos gastos de aloxamento, manutención, viaxe e transportes locais.

Centros de Vigo

O alumnado, que iniciou xa a súa estadía no estranxeiro o pasado 3 de abril, provén dos centros educativos vigueses IES Audiovisual, IES Ricardo Mella, Divino Maestro e CPR San Miguel, onde están a estudar os ciclos medios de emerxencias sanitarias, vídeo DJ e son, e coidados auxiliares de enfermería.

Entre 3 e 5 meses

Así, as prácticas no estranxeiro durarán entre tres e cinco meses e percibirán axudas económicas que irán dos 4.298 aos 6.718 euros.

Esta é a primeira mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022 que conta cun orzamento total de 796.865 euros. Deles, 599.765 euros proceden do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) en calidade de axencia nacional española do Programa Erasmus. En total, serán 60 estudantes de FP e 5 docentes os e as que se beneficien desta iniciativa.

También te puede interesar