Destacados Vigo al minuto

A Xunta recurrirá ante o Constitucional o imposto temporal ás grandes fortunas

Anunciouno o presidente Rueda

A Xunta recurirá ante o Constitucional o imposto temporal ás grandes fortunas

Anunciouno o presidente Rueda

O Goberno galego aprobou este xoves interpor recurso de inconstitucionalidade contra o imposto temporal de solidariedade ás grandes fortunas.

Así o anunciou o presidente na rolda da prensa posterior ao Consello da Xunta. Alfonso Rueda xustificou este recurso porque o Goberno galego detectou “vulneracións” á autonomía financeira da Comunidade. Para o xefe do executivo galego, este imposto, “anula e desactiva calquera bonificación da Xunta”, o que supón un “ataque directo” a súas competencias.

Este mesmo argumento foi o esgrimido polo Goberno da Comunidade de Madrid que, onte, tamén presentou este recurso, a iniciativa do Partido Popular, respaldada pola dereita extrema.

Cal é a finalidade este imposto?

Este imposto, que xa está en vigor noutros países e que en España está a estudiar o Tribunal Constitucional, afecta a grandes patrimonios de máis de tres millóns de euros. A finalidade do mesmo é afrontar a infación e que aquelas persoas que teñen máis fagan un esforzo maior para contribuir ao sostemento dos gastos públicos. Ademáis, pretende igualar as descompensacións tributarias que hai entre as distintas Comunidades Autónomas causadas polas diferencias no gravame do Imposto sobre o Patrimonio.

Neste imposto temporal, están exentos de tributación os primeiros 300.000 € pertenecentes á vivienda habitual, empresa familiar e outros bens, como obras de arte. Así, os treitos aplicabeis son os seguintes: o 1.7% para os patrimonios netos de entre 3 y 5.34 millóns de euros; o 2.1% para los patrimonios netos entre 5.34 y 10.69 millóns e o 3.5 % para patrimonios netos superiores aos 10.69 millóns de euros.

También te puede interesar