Vigo al minuto

Vigo estará acrisolado

O Concello estrea nova maquinaria eléctrica de limpeza

Vigo estará acrisolado

O Concello estrea nova maquinaria eléctrica de limpeza

Vigo estará acrisolado. Ese debe ser o seguinte paso, logo de que o alcalde insistise, unna vez e outra, en que somos a cidade máis limpa do Estado. Así, para sacar ‘brillo’, e facelo dun xeito máis sostible, FCC, empresa adxudicataria da limpeza urbana, incorpora nova maquinaria eléctrica co último en recollida e contenerización.

7 vehículos

En concreto, trátase de 7 vehículos – dos 29 previstos no servizo de limpeza- entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras, que ademais de contribuír á redución de emisións de CO2, permiten mitigar a contaminación acústica, grazas aos seus baixos niveis de ruído.

Así son as novas máquinas

  • Unha baldeadora de beirarrúas 100% eléctrica, con capacidade para 1.500 litros, con bomba de alta presión a través das barras de baldeo, capaz de arrincar os residuos que se atopen adheridos ao pavimento.
  • Unha baldeadora, con dimensións extremadamente reducidas e compactas ideal para calquera tipo de superficies e contextos urbanos. 100% eléctrica.
  • Unha varredora cun sistema de pulverización que ofrece un control de po mellorado á vez que reduce o consumo de auga, empregando un 70% menos que outras técnicas tradicionais de control de po. 100% eléctrica.
  • Unha furgoneta de inspección 100% eléctrica.
  • Dúas varredoras de beirarrúas 100% eléctricas.
  • Un novo triciclo eléctrico con hidrolimpiadora con sistema de autopropulsión e marcha atrás e con pistola pulverizadora de auga a presión.

Novos carriños eléctricos autopropulsados

Como novidade, presentáronse os 10 primeiros carriños eléctricos autopropulsados, do total de 65 que se incorporarán proximamente ao servizo de limpeza. Os mesmos son dúas tipoloxías: un para o varrido manual e limpeza viaria e outro adaptado ao baldeo manual.

En ambos casos, son con apoio eléctrico, batería incluída e dispoñen dunha autonomía para unha xornada laboral.
Esta nova maquinaria ven a complementar os seis patinetes triciclos de limpeza presentados no mes de febreiro.

También te puede interesar