Vigo al minuto

O túnel de Elduayen só chegará ao Barrio do Cura conservando, tal cual, os restos da muralla

Patrimonio pide, tamén información sobre o Miradoiro do Paseo de Alfonso

Patrimonio pide, tamén información sobre o Miradoiro do Paseo de Alfonso

O proxecto de prolongar o túnel de Elduayen ata o Barrio do Cura, non vai a ir á velocidade, nin seguir o trazado que agardaba Abel Caballero.

Así, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, vén de informar ao Concello de Vigo da necesidade de aportar máis documentación para poder informar sobre a solicitude do proxecto de prolongación do túnel desde o final da rúa Elduayen ata o Barrio do Cura.

Esta é a resposta ao documento achegado polo Concello sobre a ampliación do soterramento do tráfico, proxecto que ten relación con outros dous de execución no centro da cidade. Por unha banda, o soterramento rodado na Porta do Sol, coa construcción dun túnel urbano desde Policarpo Sanz; por outra, a futura reforma urbana do Barrio do Cura.

A antiga muralla

O informe de Patrimonio coincide coa versión do Concello, xa que a arqueóloga municipal expresa o carácter de Ben de Interese Cultural (BIC) dos restos da muralla entre a rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII e a conveniencia da súa conservación in situ.

Compatibilizar a súa conservación co proxecto de prolongación do túnel

Todo débese a que “a entidade dos restos empeza a ser importante”. Por iso, sería necesario “empezar a formular posibles alternativas para compatibilizar a súa conservación coa prolongación do túnel”.

Miradoiro do Paseo de Alfonso

Ademáis, a Direccion Xeral pide xustificacións sobre a adecuación das modificacións no eixe viario Porta do Sol-Elduayen-Paseo Alfonso XII ás actuacións contempladas na ficha do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri). Nesa liña, indica que que “se deberá detallar e xustificar” a intervención que modifica a o Miradoiro e suprime parte da rúa Poboadores.

Kiosko

Por último, tamén se indica que o Kiosco ten un nivel de protección ambiental que non contempla o desprazamento. Por iso, “calquera xustificación baseada na recuperación do ben na súa ubicación orixinal deberase apoiar na documentación histórica que a corrobo». Así, a mesma, debe explicar as características construtivas, as posibilidades da súa desmontaxe e posterior montaxe sen afectar as distintas partes que o conforman”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.