E o orzamento pasou de 25 a 50 millóns de euros, sen a grada de Gol
O Bloque Nacionalista Galego pedirá a comparecencia do alcalde para que explique, no Pleno do Concello a «chapuzada» da reforma de Balaídos.
A mesma anunciouse en 2014- hai preto dunha década- e os traballos comezaron en 2015, co prazo de que estiveran rematadas no verán de 2017. «Estamos en 2023 e as obras están moi lonxe de acabar», sinala o voceiro do BNG e candidato á Alcaldía.
«Caballero prometeu o Guggenhein do fútbol e imos camiño dunha mala copia da Sagrada Familia»
Ademáis, apunta Xabier P. Igrexas. o orzamento adicado a esta reforma, coa que «Caballero prometeu o Guggenhein do fútbol e en realidade imos camiño de ter unha mala copia da Sagrada Familia», duplicouse, «pasando dos 25 millóns iniciais a máis de 50». E isto sen contar coa grada de Gol, «da que non sabemos absolutamente nada e que non ten partida algunha no orzamento municipal».
«Propaganda»
Para o BNG xa «abonda de propaganda e promesas» por parte de Abel Caballero que, asegura Igrexas, ten que afrontar a responsabilidade desta «improvisación total» . Por iso dende o Bloque esixen ao alcalde que dea explicacións aos cidadáns sobre unha das obras máis custosas da historia do Concello.