Destacados Vigo al minuto

Nova concentración para denunciar o peche parcial da Oficina de Servizos Sociais de Teis

O Concello non da resposta

Nova concentración para denunciar o peche parcial da Oficina de Servizos Sociais de Teis

O Concello non da resposta

A veciñanza de Teis, concentrouse está mañá, novamente, diante da oficina dos servizos sociais da parroquia, atendendo á convocatoria da Asociación Veciñal de Teis, o foro socio educativo ” Os Ninguéns “, e a oficina dos dereitos Sociais de Coia, ODS Coia, para denunciar, outra vez, a falta de persoal desta oficina e o seu funcionamento ‘baixo mínimos’ desde hai  meses.

Así, dende finais do ano pasado, esta dependencia segue pechada media semana (xoves e venres) ao carecer de vaios profesionas (administrativo e bedel). Ademáis, este feito provoca que o resto da semana, a dúas traballadoras sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade. A maiores, a técnica de Inclusión, que atendía en Teis, ao  estar pechado os xoves e o venres, ten que derivar a veciñanza para o Concello.

Os afectados son as veciñas e veciños

Está situación provoca, subliñan os convocantes, “unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia ou pensións non contributivas)”

Por iso, “dirixímonos ao longo destes meses a Concellaría de Servizos Sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de solución até o de agora”. É por iso que “hoxe, seguimos a esixir ao alcalde e a concelleira de Servizos Sociais “unha solución inmediata”. A mesma pasa por “dotar a esta oficina de todo o persoal administrativo necesario e de aumentar as traballadoras sociais”.

También te puede interesar