O concelleiro Rubén Pérez e a voceira de Podemos, Meli Vázquez, encabezan a candidatura
Esquerda Unida de Vigo e Podemos Vigo asinaron onte un acordo político para concorrer conxuntamente ás Eleccións Municipais en Vigo. A candidatura a encabezará Rubén Pérez, actual voceiro do Grupo Municipal de Marea de Vigo e Meli Vázquez, voceira de Podemos Vigo como número 2, «reservándose postos na candidatura para todas as
sensibilidades e espazos que configuren a coalición».
As dúas formacións concorreran con unha proposta política que pretende incorporar a Marea de Vigo como «espazo de reflexión municipalista» e a outras formacións políticas coas que se traballou conxuntamente na configuración de candidaturas como Equo, Anova ou Alianza Verde.
Así, a proposta consensuada por Podemos e Esquerda unida terá como nome ‘Podemos-Marea de Vigo’ e figurará na denominación o nome das organizacións e espazos integrantes: Podemos, Marea de Vigo, Esquerda Unida, Verdes Equo, Alianza Verde.
«Progreso e transformación»
«As formacións políticas Podemos Vigo e Esquerda Unida apostamos por unha alianza estratéxica unitaria de progreso; de transformación e de cambio; de defensa do público; feminista; ecoloxista; municipalista e republicana para ofrecer unha alternativa electoral útil, unha alternativa concreta e que priorice a defensa do interese público da cidadanía de Vigo fronte aos intereses privados e mercantís».