Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas

Comeza este martes, co curso de ‘Manipulador de Alimentos’

Comeza este martes, co curso de ‘Manipulador de Alimentos’

O Concello de Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas. O mesmo está deseñado dende a Concellería de Emprego e Formación que dirixe a mesma alcaldesa, Verónica Tourón. Así, o Plan está orientado a mellorar a capacitación profesional das persoas desempregadas en eidos estratéxicos para mellora do seu perfil laboral e profesional.

Dende o martes, día 28 de febreiro

Será este mesmo martes, día 28, cando dea comezo no CDL de  O Torrón co inicio do curso de “Manipulador de Alimentos”. Ademais, esta aberto o prazo de inscrición no curso de “Administración Electrónica”, demandado por moitas persoas, que dará a coñecer fórmulas para a tramitación electrónica coas distintas administracións públicas, nun momento no que estes coñecementos son indispensables na vida cotiá. Necesidade que se amplia no caso da procura de emprego das persoas desempregadas e o contacto coas empresas. Este curso impartirase entre o 7 e o 30 de marzo.

Para completar este primeiro bloque do Plan de Formación impartirase entre o 10 de abril e o 2 de maio o curso de ‘Preparación de pedidos’ cuxa inscrición se abrirá o 20 de marzo. Esta formación é altamente demandada polas empresas da contorna.

A alcaldesa e concelleira de Emprego, incide na importancia da formación para mellorar a empregabilidade  e aumentar as posibilidades de atopar traballo e subliña que «dende a administración local marcámonos como obxectivo principal  levar a cabo políticas de creación de emprego e formación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.