Galicia Vigo al minuto

Participa no deseño do VII Plan de Formación do Concello de Covelo!

Ata o vindeiro 14 de febreiro

Participa no deseño do VII Plan de Formación do Concello de Covelo!

Ata o vindeiro 14 de febreiro

A Concellería de Emprego e Formación de Covelo, que dirixe Lourdes Enes, vén de poñer en marcha a enquisa do proceso de participación veciñal do ‘VII Plan de Formación 2023’. Así, os orzamentos do Concello contemplan por sétimo ano consecutivo unha partida orzamentaria para a execución do Plan de Formación dirixido á veciñanza, con preferencia para as persoas desempregadas.

Propostas das veciñas e veciños

“Co obxecto de determinar os cursos máis axeitados e a programación ao longo do ano, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as súas propostas tanto das temáticas dos cursos que lle gostaría facer como da calendarización”, explica a concelleira.

Diferentes cursos a elixir

A cidadanía poderá elixir entre os cursos de acompañante de transporte escolar; alfabetización dixital; busca de emprego; contabilidade; informática; manipulador de alimentos; primeiros auxilios; operador/a apilador-transpalet eléctrico; también operador/a de carretillas elevadoras; operador/a de ponte grúa; primeiros auxilios e xestión de stock e control de almacén.

Como novidade preséntase o curso de apicultura de alto interese na zona dadas as características medioambientais de Covelo e que pode supor un bo aproveitamento dos recursos naturais obtendo produtos de alta calidade.

Como participar?

As persoas dispoñen de distintos xeitos de participar, poden cubrir a enquisa e presentala a través do correo electrónico [email protected], ou a través da sede electrónica na páxina web www.concellodecovelo.es ou nas oficinas de Rexistro do Concello de Covelo ata as 14 h do 10 de febreiro de 2023.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.