Comarcas Vigo al minuto

Luz verde ao proxecto de renovación da iluminación pública exterior en Covelo

Facilitará un aforro do 70% e a redución de emisión de CO2 á atmosfera

Facilitará un aforro do 70% e a redución de emisión de CO2 á atmosfera

O Concello de Covelo deu luz verde, nunca mellor dito, ao proxecto de execución e ás actuacións para a renovación do alumeado  público, que terá un custo total de 866.144,05€. Unha actuación que recibíu o apoio da DUS5000 no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Unha «economía saneada, as boas relacións coas distintas administracións e a presentación dun bo proxecto ao IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía de España)», foron as claves para recibir esta axuda directa do 100%.

Aforro do 70%

Así, o Concello de Covelo comeza o ano coa renovación completa do seu alumamento público conseguindo un aforro do 70% e dando cumprimento aos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e aos ODS 11 e 13 que promoven cidades e comunidades máis sostibles e accións polo clima.

Preto de 1.400 puntos de luz

O Concello actuará en 1.398 puntos de luz dos 1.563 existentes para substituir as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED -xa que as restantes contan coas mesmas-. Ademais, tamén reformará 81 dos 84 cadros existentes para adaptalos á normativa vixente e instalarase un sistema de telexestión en cabeceira que permite obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos. Con esta actuación diminuirase a potencia de 139,71 kW a 53,71kW e tamén as emisións de CO2.

Menos contaminación

“Apostar por tecnoloxías máis eficientes e menos contaminantes é un dos compromisos adquiridos por este Concello cando nos sumamos ao Pacto das Alcaldías e está na nosa axenda diaria contribuír, dende o local, á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para un mundo máis igualitario e respectuoso co planeta”, explica o alcalde Pablo Castillo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.