Comarcas Vigo al minuto

As Neves aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ de 100.000€ polos danos do temporal

Afectan a prácticamente todas as parroquias do Concello

As Neves aprobará unha 'Liña de Emerxencia' de 100.000€ polos danos do temporal

Afectan a prácticamente todas as parroquias do Concello

O Goberno local das Neves, aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada con 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal, en practicamente todas as parroquias do Concello.

Sen parar dende a noite de fin de ano

Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado polos concelleiros de Vías e Obras e primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e de Servizos, e segundo tenente de alcalde, Óscar Gónzalez.

Os mesmos centráronse, dende a mesma noite de Fin de ano, en deixar transitábeis camiños e accesos, imprescindibles para que os veciños poidan recuperar a súa vida normal, e eliminar o perigo en zonas que se derrubaron. Ao mesmo tempo, o Goberno local levou a cabo a valoración dos moitos desperfectos e avarías que deixaron a choiva – que superou os 80 l/m2 en varios momentos- e o vento -de máis de 70km/h–  ao seu paso, dende caída de árbores, pasando por cortes nas liñas do subministro eléctrico ou telefónico, saneamento ou o pavimento, anegamento de fincas, roturas de tubaxes, afundimentos ou vencementos de muros de contención.

Esta avaliación levou á decisión de aprobar esta ‘Liña de Emerxencia’para paliar os danos acometendo e adxudicando a realización de diferentes arranxos, en varios lugares nos que o vento, e especialmente a choiva, causaron avarías e roturas de gravidade.

Actuacións

Así, as tarefas abrangueran Taboexa, onde hai problemas en pistas, camiños, pozas, tubaxes, eidos, e firmes no Regonovo; O Reguengo; na decantadora do Freiro; Leiradiño; Arufe e Costoura. Tamén haberá que actuar na Pista da Mo,en Rubiós, para colocar unha escolleira no río Xuliana; na Estación; en Guláns; Deputráns; San Nomedio; Santa Eulalia de Batalláns; Pio; O Viso e Trasdoval ou Pasqueixóns.

Non está pechada

Como apunta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, estas actuacións son a maiores das xa realizadas e nas que está a traballar o persoal do Concello, e non son un número pechado, senón que irán incorporándose outras, se así fose preciso, para garantir a seguridade e que as veciñas e veciños recuperemos canto antes a normalidade.

También te puede interesar