Cultura Vigo al minuto

A serie ‘Merlí’, en galego e en aberto dende o día 14 de xaneiro

Na TVG2, os sábados

A serie 'Merlí', en galego e en aberto dende o día 14 de xaneiro

Na TVG2, os sábados

A TVG2 emitirá cada sábado ás 14:00h episodios da serie popular serie ‘Merlí’. O primeiro capítulo será o sábado 14 de xaneiro.

Para quen non a coñeza, Merlí está producida por TV3 e se emitíu entre 2015 e 2018. O seu protagonista é Merlí Bergeron (Francesc Orella), un profesor de filosofía con métodos de ensino moi pouco tradicionais, que desafía aos alumnos – interpretados, entre outros, por Carlos Cuevas, Elisabet Casanovas ou David Soláns– a pensar pola súa conta.

Filosofía e vida

Cada episodio trata o pensamento dalgún gran filósofo ou escola, dende os ‘Peripatéticos’, pasando por Platón, Asristóteles, Descartes, Nietzche ou Schopenhauer, facendo que o seu pensamento estea relacionado co que pasa na trama.

A serie -creada e escrita por Héctor Lozano e dirixida por Eduard Cortés- consta de 40 episodios que levan por título o nome de cadanseu filósofo. A súa estrea foi o 14 de setembro de 2015 e foi una líder da tempada na súa faixa horaria.  

Dobrada ao castelán por Atresmedia, que mercou os dereitos da mesma, seguiu en Netflix en 2016, para a súa emisión nos Estados Unidos e Sudamérica. Ese mesmo ano tamén estreouse en La Sexta.

También te puede interesar