Por falla de persoal
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que a oficina dos Servizos sociais de Teis, esta pechada media semana (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal – administrativo e bedel -.
As asistentas sociais teñen que atender a Recepción
Está falta de persoal administrativo, sinalan dende a asociación, provoca ademais que o resto da semana, as dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para «abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade».
Está situación, provoca «unha mingua dos servizos sociais en Teis, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais» -Risga, emerxencia, pensións non contributivas,etc-.
Contacto co Concello en novembro
Por este motivo, a Asociación dirixiuse por escrito no mes de novembro a Concellaría de Servizos Sociais, informando desta situación, «sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora». Tamén outros colectivos sociais (Os Ninguéns, ODS Coia,) e partidos políticos teñen denunciado este feito, tal e como informou vigoalminuto, que tamén afecta á oficina de Coia.
«É inadmisíbel que esta oficina leve dous meses sen persoal suficiente», denuncian dende a Asociación, dende a que negan que a solución pase por «derivar a veciñanza ao Concello ou cargar de máis traballo as asistentas sociais». Así, afirman que «a este Goberno municipal, só lle preocupa a organización de festas, eventos e nada lle preocupan como funcionan os servizos municipais».

«Adaptación» do servizo por «motivos de persoal»
Este mesmo mércores, vigoalminuto preguntou al alcalde sobre este tema e Abel Caballero respostou que esta circunstancia débese á «adaptación» deste servizo por «motivos de persoal». Neste fío, subliñou que o Concello porá en servizo dúas «novas construcións« dependentes de Servizos Sociais: nun edificio da Praza da Princesa -no que antes estaba a sede da Federación de Asociación de Veciños (FAVEC) e no «corazón» do Casco Vello, para atender ás persoas en situación de necesidade.